Noticias

Rematadas as festas de Sn Benito na vila de Allariz continuamos coa novena e festa en honor a Virxe do Carme e tamén o triduo ó Santiago.

A novena de San Benito foi un momento de Gracia para a nosa Unidade de atención parroquial. Presidiron a novena distintos sacerdotes diocesanos que tiveron moito que ver no camiño de formación dos nosos párrocos. E ademáis acompañaronnos distintas corais que nos axudaron a rezar máis e mellor: Ruada, Entrimo, Coral Arnoia de Allariz, Queiroás e,...

O domingo día 26 de xuño recibiron no Santuario de San Benito o Sacramento da Confirmación 16 mozos do noso Arciprestazgo de Allariz.

O día 19 de xuño celebramos a festividade de Corpus Christi no centro de referencia da nosa Uap. Gracias a Deus a choiva deu unha tregua durante case todo o percorrido da procesión polo que o Santísimo Sacramento puido percorrer as alfombras florais e os altares que con tanto agarimo prepararon os alaricanos dende a madrugada.

Nestes últimos días tivemos distintas celebreacións na nosa Uap. O día 24 de maio festexamos a Nosa Nai, María Auxiliadora. Nese día estiveron con nos os Padres Salesianos que tantos anos viviron nesta vila. Vaia aquí o noso agradecemento pola sua presenza entre nos. Finalizamos a novena e a festa coa procesión da Virxe polas rúas.

¡Vivir!

23.05.2022

Algo carácterístico da nosa fe cristiá é a vivir rodeado de irmáns cos que compartir o noso camiñar.

Maña venres continuamos o ciclo de conferencias coa segunda ponencia neste caso sobre a figura e santidade de San Benito, de mans do Dr. D. Carlos Míguez González.

O pasado día 11 de maio un grupo de arredor de 100 persoas peregrinamos ó Santuario que a nosa Diócese ten adicado á Nosa Señora de Fátima no barrio do Couto con motivo da novena que se estaba celebrando.

Neste último mes vivimos dous días cheos de Gracia na nosa Unidade de Atención Parroquial.