Santuario de
San Benito de Allariz
A Igrexa
Ubícase no entrono do Campo da Barreira, ó carón do mosteiro de Santa Clara.
Foi construida no século XVIII ampliando unha primitiva capela adicada á San Benito que se quedaba pequena para acoller a todos os devotos que acudían para honrar ó santo. Hai vestixios da devoción ó santo neste lugar tan so un século despois da sua canonización.
Quizáis o máis chamativo sexa o retablo maior de pedra granítica no que se atopa o camerín coa imaxe do santo de Montecasino.
No lateral dereito atopase o valioso retablo que percorre a vida de Xesucristo e que foi trasladado para este lugar no século XX. Pertencía a Igrexa de Santiago de Allariz de onde foi retirado para deixar á vista o ábside románico de dita Igrexa.
.
.
.
A imaxe
A imaxe que se venera actualmente é do século XIX, perdendose a imaxe primitiva. Trátase dunha talla de vestir de tamaño real.
Na súa man dereita sostén o báculo abacial e na esquerda un libro que quere representar a regra de vida que él mesmo escribiu para os monxes.
Ós seus pes encontrase a mitra abacial, e un corvo que sostén un bocado de pan, que segundo a tradición alimentaba a San Benito mentras vivía como eremita nunha cova.
No templo veneránse outras dúas imaxes do santo, unha pétrea na fachada cos mesmos atributos, e outra na sacristía de madeira e de pequeno tamaño que antigamente percorria a casa daqueles que por motivos de enfermidade non podian acudir a venerar ó santo na igrexa.
O culto
Hai datos do culto a San Benito moi próximos á súa canonización isto unido á profunda devoción provocan que fose nomeado, xunto coa Virxe de Vilanova, patrón da Vila de Allariz.
O culto hoxe concéntrase sobre todo arredor das duas festas do santo o 21 de marzo e o 11 de xullo, ambas precedidas coa sua novena e distintos actos de piedade. Cabe destaca a procesión que ten lugar no domingo máis próximo á súa festa e na que participan milleiros de devotos. Son numerosos os datos e as referencias relativas ás festas coas que se honraba o santo dende ben antigo. Aínda hoxe son unhas das festas con máis sona da comarca de Allariz.
Aínda así son numerosos os devotos que ó longo de todo o ano se achegan á súa casa a pedir a súa intercesión.
O seu templo atópase aberto durante todos os días do ano e celebrase a Eucaristía os sábados ás 11 da mañá e os domingos ás 10.
A Asociación
Amigos de S. Benito
Trátase dunha asociación cultural, sen ánimo de lucro, fundada por un pequeno grupo de alaricanos no ano 2019.
Ten como fin o coidado das tradicións e costumbres que se desenvolven arredor da imaxe do santo e sobre todo da sua procesión polas rúas da vila nos días próximos a súa festividade.
Deixamos o enlace á súa páxina web onde poden atopar máis información.
https://asociacion-amigos-de-san-benito-de-allariz.webnode.es/