Xóvenes e noivos

05.05.2022

Neste último mes vivimos dous días cheos de Gracia na nosa Unidade de Atención Parroquial. 

No Martes Santo un grupo de rapaces de distintas parroquias na nosa diócese visitaban esta zona para poñerse en camiño e facer una peregrinación a pé por estas terras de Allariz. No camiño fixeron parada no Santuario de Vilar de Flores e remataron no Santuario de San Benito onde o Sr. Bispo presidiu a Eucaristía. Ó rematar o xantar, pola tarde, houbo tempo para a diversión e tamén para a formación na que profundizamos sobre os misterios que se celebran durante a Semana Santa, e se tratou de facer unha rescontrución cos datos arqueolóxicos, bíblicos e históricos do momento da Crucifixión e da Resurrección.

No domingo da Oitava de Pascoa un grupo de noivos que este verán se casarán preparábanse para recibir este sacramento na casa de Emaús que con tanto agarimo prepararon as Irmás Clarisas. Un día de convivencia, fraternidade, formación e oración. Louvado sexa Deus!

Sigamos rezando para que moitos xóvenes descubran a grandeza de encontrar un Deus que morreu, resucitou e VIVE por nos!