SOLEMNIDADE DE CORPUS
27.06.2022
O día 19 de xuño celebramos a festividade de Corpus Christi no centro de referencia da nosa Uap. Gracias a Deus a choiva deu unha tregua durante case todo o percorrido da procesión polo que o Santísimo Sacramento puido percorrer as alfombras florais e os altares que con tanto agarimo prepararon os alaricanos dende a madrugada.
¡Moitas gracias a todos os que colaborastedes!
O pasado domingo 26 continuábamos con esta celebración, desta volta na parroquia de San Mamede de Urrós onde tamén prepararon esta manifestación da nosa fe na Eucaristía con moito cariño.¡Gracias!