Noticias
Algunhas imaxes da reapertura
Adxuntamos algunhas imaxes do pasado día 10 de decembro cando o Sr. Obispo presidia a Eucaristía na que se bendeciu o novo Sagrario e as distintas reparacións das obras na Igrexa de Santiago de Allariz.
BENDICIÓN DE NADAL
Este sábado teremos a bendición da decoración de Nadal das nosas igrexas.
RE-APERTURA DA IGREXA DE SANTIAGO
Hoxe, no xornal!
O sonido manual das campás foi declarado Patrimonio da Humanidade. Con este motivo o pasado sábado pola tarde viñeron facer unha reportaxe ata o Santiuario de Vilar de Flores, os xornalistas de La Región querendo achegar a todos o significado que para os cristiáns ten este son. Pincha no enlace para ler o artigo ...
TEMOS UN NOVO GRUPO! Mércores 18.15!
A próxima semana comezaremos co terceiro grupo de estudio da Biblia ás 18.15h! Aínda estades a tempo de anotarvos!
NOVENA Á PURÍSIMA CONCEPCIÓN DE MARÍA
AVISO IMPORTANTE
Grupo bíblico
Estamos comezando neste curso cos grupos de estudio orante da Biblia na Unidade de atención parroquial de Allariz.
Comezamos esta semana!
Magosto familiar da catequese
O pasado día 6 celebramos o magosto no albergue dos salesianos. Xuntamonos os rapaces da catequese cos seus familiares e amigos despois de celebrar a Eucaristía para xantar e pasar unha tarde entretida entre xogos e castañas.











