SEMANA SANTA 2026

26.03.2026

SEMANA SANTA 2026

Enviamos o programa da semana máis importante para os cristiáns que viviemos todas as parroquias que forman parte da Unidade de atención parroquial de Allariz. Dado a importancia do que celebramos e a peculiaridade que teñen estes días é preciso vernos para organizar as distintas celebracións. A continuación poñemos os horarios das distintas reunións.

¡Anímate a colaborar! ¡Seguro que en algo podes axudar a que estes días sexan unha ocasión para que a Gracia de Deus se derrame sobre aqueles que o viviremos!

Lectores

Sábado 17.00h en San Benito

Se estás disposto a participar lendo nos oficios destes días. É interesante que vendo o programa de celebracións leves claro a esta reunión a cales te podes unir.

Procesións

Sabado 20.00h na Praza de Abaixo (Igrexa de Santiago)

Se queres colaborar nalgunha das procesións destes días ¡ven ou avísanos para contar contigo! É preciso facer as parellas e coordinar os pasos.

Canto

Domingo e martes 18.00h en San Benito

Se vas a participar nas celebracions no Santuario e tes habilidades para o canto acude estes dous días para repasar os cantos e facer un gran coro!

Share