PEREGRINACIÓN ÓS MILAGRES
04.09.2026

Para finalizar este mes de setembro, no que en tantos lugares honramos á Virxe María, queremos propoñeRvos unha peregrinación ó Santuario dos Milagres para todas as parroquias que forman parte da Unidade de Atención Parroquial de Allariz.
Será o sábado 26 de setembro, aqueles que queiran ir camiñando sairemos ás 7 do Santuario de San Benito e os que queiran ir no bus ás 11.30h da estación de autobús.
Á chegada celebraremos a Misa e despois compartiremos o xantar.
É preciso anotarse antes do día 15.
