Novena na honra á San Benito

30.06.2026


Do 2 ao 12 de xullo celébrase en Allariz a novena na honra a San Benito, un tempo de graza no que a presenza de Deus se fai especialmente visible a través da contemplación da vida e do exemplo deste santo. Son días de oración, encontro e renovación espiritual para toda a comunidade cristiá.

Programa de actos relixiosos

  • Martes 7 de xullo: Celebración do perdón, coa posibilidade de confesións como preparación espiritual para a festa.
  • Mércores 8 de xullo: Celebración da unción de enfermos, un momento de consolo e esperanza para as persoas enfermas e maiores.
  • Do mércores ás 23:00h ao xoves ás 19:00 h: Adoración eucarística continuada, un espazo de silencio, oración e encontro persoal co Señor.
  • Sábado 11 de xullo: Día grande da festa de San Benito, con misas dende as 8:00 da mañá ao longo de toda a xornada.
  • Domingo 12 de xullo: Gran procesión en honra a San Benito ás 11:00 da mañá, acompañada pola devoción e a participación do pobo fiel.

Esta novena en honra a San Benito en Allariz convértese nunha oportunidade para fortalecer a fe, agradecer as bendicións recibidas e pedir a intercesión do santo en todas as necesidades persoais e comunitarias.


Share