San Benito"25
01.07.2025

Con gozo comezamos un mes de xullo máis mirando cara San Benito. O día 2 comezamos a novena que culminará coa festa e procesión.
Predican a novena os Vigairos da Diocese de Ourense, e a véspera da festa do Santo, o día 10, o noso Bispo bendecirá o novo trono feito grazas á coordinación da Asociación Amigos de San Benito e coas aportacións dos fieis. O día 13 presidirá a procesión e a Misa na explanada o Delegado para o Seminario e MAestro de cerimonias da nosa Catedral.
Hoxe día 1 ás 20.15 da tarde as campás da Vila anuncian o inicio da novena.