CATEQUESE 25/26

03.09.2025

Co comezo de mes de setembro enviamos os horarios provisionais da catequese para este ano (¡aínda que non che coincida ben o horario inscríbete igual!). No cartel tendes o código QR onde podedes descargar a ficha de inscripción que se debe entregar ó longo do mes de setembro a calquera dos sacerdotes ou no email uapdeallariz@gmail.com. As sesión de catequese comezarán a mediados do mes de outubro.

Recordarvos que para a recepción da Primeira Comunión e da Confirmación é necesario a formación de dous anos, tendo unha sesión semanal, segundo a nosa normativa diocesana.

Os cursos nos que habitualmente se recibe esta formación é nos de segundo e terceiro de primaria e primeiro e segundo de ESO.

Tamén existe a posibilidade de formarse para a recepción destes sacramentos, unha vez se alcanza a idade adulta, para aqueles que non o fixeron de rapaces. Se estás nesta situación ¡pídenos máis información!

Calquera dúbida estamos á vosa disposición. Gracias.